Thursday 28 de March de 2024

O PP Cambrés propón ao goberno local a ampliación da oferta cultural e a remodelación integral do Museo Romano de Cambre


– Veñen advertindo numerosas deficiencias relativas ao mantemento e conservación das pezas exhibidas, así como deterioracións nas mesmas e no mobiliario, carencias na iluminación, ademais de humidades e vitrinas desocupadas, que – sinalan- transmiten ao público unha imaxe decadente e de abandono nada desexable, que debe corrixirse mediante un plan de mantemento, conservación e renovación integral, #a fin de que” o Museo Romano de Cambre recobre o atractivo co foi concibido e o valioso patrimonio romano exhibido luza en todo o seu esplendor “

– Propoñen así mesmo unha ampliación da instalación que permita programar exposicións periódicas sobre diversas temáticas culturais, históricas e artísticas que complementen a oferta existente e cooperen a atraer a un maior número de visitantes e, polo tanto, xeren ” un maior rendemento da instalación municipal “

A preocupación dos populares cambreses polo actual estado de deterioración do Museo Romano que se sitúa no centro de Cambre, fronte á Iglesia románica de Santa María, levou á formación popular a solicitar do goberno local a adopción de varias medidas a fin realzar e modernizar o Museo como parte do conxunto histórico- cultural de que goza o municipio.

Concretamente, consideran que o recinto cultural, que alberga unha magnífica exposición de pezas e outros elementos de arquitectura romana de incalculable valor histórico, non están a ser obxecto da atención e coidados adecuados en canto á súa conservación e mantemento, polo que propoñen ao goberno localque acometa sobre o museo un plan de remodelación que inclúa actuacións de restauración e conservación das pezas; unha reordenación do mobiliario e equipamentos da instalación; unha modernización dos efectos lumínicos sobre os restos mediante o denominado “ sistema lumínico dramático – teatral”, xa implementado noutros municipios como exitosa técnica estético- ornamental e finalmente, a reparación de varias deficiencias provocadas polo uso ou o paso do tempo, como humidades, roturas ou deterioración do chan.

Observan así mesmo como numerosos espazos da instalación, especialmente vitrinas e outros mobles expositores, atópanse baleiros, polo que expoñen a posibilidade de planificar exposicións periódicas e/o itinerantes doutros elementos compatibles co obxecto do Museo, tales como mostras de pezas históricas e obras artísticas , como vén practicando noutros museos de toda a xeografía nacional, incrementando así a oferta cultural do municipio, coa consecuente repercusión económica global.

A ampliación da superficie do Museo é outra das propostas dos populares para enriquecer o atractivo do recinto, pois – razoan- permitiría complementar as actuacións propostas con múltiples actividades culturais que permitan mostrar ao público mediante calquera soporte físico, non só as orixes históricas de Cambre, senón a evolución do propio municipio cara á modernidade ao longo dos tempos.

“ Apostamos polo investimento nestas actuacións municipais que serven para fomentar entre a poboación o interese polos aspectos históricoculturales máis destacados do municipio. Cambre posúe un rico patrimonio artístico e histórico que debe manterse vivo, polo que desexamos que a nosa proposta sexa acollida polo goberno local como unha achega procedente e sómese á mesma “ – Conclúen.